Tuesday 23 de April de 2024

Suspendida a visita teatralizada “O castelo non é para nós” prevista en Moeche para este sábado


Por un imprevisto de última hora por parte do grupo teatral vémonos na obriga de adiar a visita teatralizada “O castelo non é para nós”, que ía ter lugar no castelo de Moeche este sábado á noitiña.

A representación trasládase para o venres 22, ás 21.00h. As persoas inscritas xa foron avisadas do cambio.

Aproveitamos para indicar que os seguintes pases faranse xa no mes de agosto o día 7 e 27.
As entradas xa se poden reservar no 981 404 006 ou no correo turismo@moeche.gal. Teñen un prezo único de 5€ para maiores de seis anos. Prégase estar un pouco antes da hora indicada de comezo para poder recoller a entrada na taquilla.